Lembraredes que fai unha semana engadimos unha entrada referíndonos a un vídeo que trata a desigualdade no mundo de forma esquemática. Malia todo, en xeral chegamos á conclusión de que non era un vídeo moi axeitado para proxectar en primaria.
Hoxe atopamos outro vídeo semellante pero pode ser máis interesante e sinxelo para tratar cos nosos nenos e nenas (e incluso para a comprensión dos adultos).
Este vídeo resume a poboación en 100 habitantes e non se centra tanto nos aspectos económicos senón que atende a outras variables sociais como o xénero, a educación ou a sanidade.
Deixámosvos o enlace a continuación e esperamos que vos sexa útil. E por suposto, estaremos encantados de que nos deades a vosa opinión :)


















